Horario

O comedor comezará o primeiro día de curso para os nenos de 5 e 6 de Infantil, mentres que os de primeiro ano deberán esperar a terminar o periodo de adaptación por incompatibilidade nos horarios, a non ser que os pais ou titores decidan deixalos dende o primeiro día, todo en horario de 14:00 a 15:55 horas.

Deberá respectarse rigurosamente o horario, salvo casos de urxencia previamente avisados e xustificados. En caso contrario, avisarase á policía local para que se faga cargo do neno/a. O número de teléfono para avisar de calquera problema ou posible retraso na recollida dos nenos/as é o do centro (986379779), o do responsable de comedor (620593445) ou o do presidente do ANPA (689069403).

Todos os usuarios do comedor teñen a obriga de comunicar a asistencia dos nenos esporádicos ou a falta ao comedor ese día chamando ao encargado de comedor (620593445) o día anterior ou ese mesmo día entre as 08:45 e as 09:15 horas (nin antes nin despois). De non comunicar nin se admitirá a ese neno ese día nin se descontará esa falta do pago mensual. A comunicación das faltas dentro do horario indicado suporá un axuste do prezo no mes seguinte, no que se descontará o importe total ao día de inasistencia xustificada.

Os nenos con bolsa teñen a obriga de avisar de que ese día non van asistir ao comedor. Se un neno con beca ten tres faltas sen xustificar (non avisou de que non acudiría) perderá o dereito a comedor.

Os avisos de altas e baixas do comedor só poderán facerse ao encargado do comedor (nin ás camareiras, nin aos profesores, nin ao presidente da ANPA…). Toda petición que non sexa feita ao encargado do comedor non será atendida.

Os nenos que se den de baixa no Servizo de Comedor Escolar deberán facelo por escrito e, se queren volver facer uso del nalgún momento, terán que volver a solicitar praza.

Anuncios