Normas de hixiene e convivencia

Para a correcta convivencia no comedor os usuarios deberán cumprir unha serie de normas básicas:

  • Cada neno/a deberá dispoñer dunha bolsa de aseo co seu nome na que se depositarán os utensilios para o cepillado e hixiene dos dentes.
  • Lavar as mans antes e despois de comer.
  • Permanecer ben sentados nas mesas ata acabar de comer.
  • Respectar e obedecer ao persoal do comedor.
  • Respectar aos seus compañeiros.
  • Falar con educación, sen gritar.
  • Pedir as cousas de xeito educado, dar as grazas cando se lles sirva.
  • Non facer ruído ao comer ou bebes. Non falar coa boca chea.
  • Sentarse co corpo recto, sen poñer os cóbados no respaldo da cadeira ou na mesa.
Anuncios