Normas de uso

Cando exista algún problema durante o tempo de comedor, as camareiras poranse en contacto telefónico coas familias, polo que é imprescindible dispoñer de teléfonos de contacto onde realmente poidan ser localizados.

Nos casos nos que se produza algún problema de comportamento (negativa a comer, falta de respecto ás camareiras…) notificarase aos pais para intentar chegar a unha solución de xeito conxunto.

Cando un neno ou nena requira unha dieta astrinxente ou blanda esporadicamente deberán solicitalo ao encargado do comedor entre as 08:45 e as 09:15 horas (nin antes nin despois) ou ben o día anterior.

Todos os nenos/as comerán o mesmo menús, agás os que precisen dietas blandas ou menús especiais recomendados polo médico correspondente. Se o neno/a ten algún tipo de intolerancia a certos alimentos, deberá ser comunicado ao encargado de comedor entregando sempre informe médico. O informe médico será entregado todos os anos a primeira semana de curso.

Os nenos que deban marcharse acompañados por adultos que non sexan os seus pais ou titores deberán traer unha AUTORIZACIÓN escrita dos pais cos datos do adulto que se fai responsable do neno/a xunto co DNI.

Anuncios