Prezos

O comedor é un servizo ofertado e xestionado pola ANPA e, por tanto, é conveniente abonar a cuota anual de socio (15 euros). Os NON SOCIOS DA ANPA que queiran facer uso do comedor deberán abonar mensualmente 1,5 euros por gastos de xestión.

O pago do seguro de accidentes é unha condición imprescindible para asistir tanto ao comedor como ás actividades extraescolares (5€).

O prezo do menú son:

  • 3,12 euros/comida para os usuarios fixos ou fixos discontinuos.
  • 5,00 euros/comida para os esporádicos.

Os bolseiros deberán asinar o listado de bolsas e, en caso de non asinala, a lista será devolta ao Concello, que poderá sancionar ao usuario coa retirada da axuda. Todos os ingresos do comedor deberán abonarse especificano “NOME DO NEN@ + COMEDOR + MES A PAGAR” co importe correcto ao seguinte número de conta:

IBAN ES75 0049 2480 7420 1401 6747
(BANCO SANTANDER)

Todos os recibos que non teñan algunha das anteriores referencias non serán atendidas e constarán como non pagados.

O pago deberá facerse antes do día 5 do mes seguinte ao uso do servizo. Todos aqueles que a partires do día 10 non houberan abonado a cuota correspondente sen previo aviso pola súa parte e sen causa xustificada serán dados de baixa automaticamente. A baixa prescribirá co abono da cantidad adeudada.

Os usuarios de comedor que teñan algunha cuota pendente de pagar correspondente ao curso anterior deberán abonar primeiro a débeda para poder inscribirse no servizo de comedor no presente curso.

Os solicitantes de bolsas que fagan uso do comedor deberán abonar os importes mentras non se teña o listado oficial de bolseiros. No caso de que sexan beneficiarios das mesmas se lles devolverá o importe abonado.

Anuncios