Proposta de extraescolares para o curso 2014/2015

Un ano máis o comezo de curso arrinca coa posta en marcha das diferentes actividaes extraescolares que se levarán a cabo no centro educativo. O vindeiro día 23 de setembro teremos nas instalacións do colexio a primeira reunión do curso, na que esperamos veros a todos e onde se presentarán as distintas actividades extraescolares para todos aqueles que aínda teñan dúbidas de que escoller.

Este ano as actividades que popoñemos dende a ANPA son as seguintes:

  • YOGA. Os luns de 16:00 a 17:00 h (14 euros ao mes).
  • XOGOS EN INGLÉS. Os luns de 16:00 a 17:00 h (10 euros ao mes).
  • LINGUAXE DE SIGNOS. Os martes de 16:00 a 17:00 h (12 euros ao mes).
  • INTELIXENCIA EMOCIONAL. Os martes de 16:00 a 17:00 h (13 euros ao mes).
  • PISCINA. Haberá dúas quendas a escoller: martes de 16:45 a 17:30 horas ou mércores de 16:45 a 17:30 horas. 

As actividades non comezarán ata outubro, sempre que se consiga un número mínimo de nenos para facer grupo. A data límite para anotarse ás actividades será o 25 de setembro. A folla de inscripción deberase meter no buzón da ANPA.

Lembrámosvos que o pago para ser socio da ANPA debe realizarse antes do 19 de decembro, xa que despois desa data non se poderán dar de alta socios. Se alguén por diversos motivos non pode realizar o pago dentro dos plazos establecidos deberá poñerse en contacto con algún membro da ANPA.

PISCINA

Na actividade de piscina ten que facerse o pago antes da data límite da reunión, así que para anotarse os nenos que queiran realizar esta actividade deberán ser socios da ANPA e cubrir unha ficha cos datos persoais necesaria para o programa informático de control de acceso de usuarios á piscina municipal de Teis. A ficha debe meterse tamén no buzón da ANPA que está xunto ao taboleiro de anuncios.

O custe desta actividade por neno/a e cuatrimestre é de 29,60 euros. O primeiro cuatrimestre recollería os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro e o segundo cuatrimestre os de febreiro, marzo, abril e maio.

O pago do primeiro cuatrimestre realizarase como máximo o 22 de setembro e o do segundo cuatrimestre o 21 de xaneiro de 2015. Todos os nenos/as que non realicen o pago dentro das datas establecidas non poderán participar na actividade aínda que entregaran a ficha cos datos. Hai un número de prazas limitado en cada día de piscina, polo que a data de pago dará prioridade na reserva de praza.

O número de conta no que se deberá efectuar o pago é o mesmo que no que se realiza o pago de asociado do ANPA:

IBAN ES75 0049 2480 7420 1401 6747
(BANCO SANTANDER)

Ao facer o pago no banco o concepto a indicar é: “PAGO PISCINA + NOME E APELIDOS DO NENO/A + DÍA (MARTES/MÉRCORES)”

 

Anuncios