Actividades extraescolares curso 2014/2015

Un ano máis o comezo de curso arrincou coa posta en marcha das diferentes actividades extraescolares que se levarán a cabo no centro educativo. Aínda que houbo varias propostas dende a ANPA, as actividades que ao final se están a desenvolver neste curso 2014/2015 no EEI Monte da Guía son as seguintes:

  • XOGOS EN INGLÉS. Os luns de 16:00 a 17:00 h (10 euros ao mes).
  • LINGUAXE DE SIGNOS. Os martes de 16:00 a 17:00 h (12 euros ao mes).
  • LINGUAXE DE SIGNOS PARA PAIS E NAIS. Os martes de 16:00 a 17:00 h (12 euros ao mes).
  • INTELIXENCIA EMOCIONAL. Os martes de 16:00 a 17:00 h (13 euros ao mes).
  • PISCINA. Con dúas quendas a escoller: martes de 16:45 a 17:30 horas ou mércores de 16:45 a 17:30 horas. 

As actividades extenderánse ata final de curso, sempre que se manteña o número mínimo de nenos para facer grupo. Se algún país está aínda interesado en que o seu fillo ou filla participe, pode acceder aquí á folla de inscripción ou falar directamente con algún membro da ANPA.

Para participar en calquera das actividades extraescolares do centro é obrigatorio ser socio da ANPA (15 euros ao ano) e pagar o seguro (5 euros), para que todos os nenos e nenas teñan a cobertura médica precisa.

PISCINA

Para a actividade de piscina os nenos e nenas que que queiran realizar esta actividade deberán ser socios da ANPA e cubrir unha ficha cos datos persoais necesaria para o programa informático de control de acceso de usuarios á piscina municipal de Teis. A ficha debe meterse tamén no buzón da ANPA que está xunto ao taboleiro de anuncios.

O custe desta actividade por neno/a e cuatrimestre é de 29,60 euros. O primeiro cuatrimestre recollería os meses de outubro, novembro, decembro e xaneiro e o segundo cuatrimestre os de febreiro, marzo, abril e maio.

O pago do primeiro cuatrimestre realizarase como máximo o 22 de setembro e o do segundo cuatrimestre o 21 de xaneiro de 2015. Todos os nenos/as que non realicen o pago dentro das datas establecidas non poderán participar na actividade aínda que entregaran a ficha cos datos. Hai un número de prazas limitado en cada día de piscina, polo que a data de pago dará prioridade na reserva de praza.

O número de conta no que se deberá efectuar o pago é o mesmo que no que se realiza o pago de asociado do ANPA:

IBAN ES75 0049 2480 7420 1401 6747
(BANCO SANTANDER)

Ao facer o pago no banco o concepto a indicar é: “PAGO PISCINA + NOME E APELIDOS DO NENO/A + DÍA (MARTES/MÉRCORES)”

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s