Solucións ás comisións do banco

Familias, como informamos antes do nadal, estivemos traballando para intentar atopar unha solución á cuestión das excesivas comisións do banco, solución que tardou en conseguirse por cuestións alleas á ANPA pero que xa temos enriba da mesa.

A continuación pasamos a dar os detalles da mesma:

1º.- Todas aquelas familias que dispoñan no seu banco de transferencias gratuítas poden continuar facéndoas. De feito, a ANPA prefire esta opción, xa que nos evita traballo. As familias que non estean a facer transferencias por favor que verifiquen no seu banco se teñen acceso ou non a estas transferencias gratuitas.

2º.- Aquelas familias que aínda despois de falar co banco non podan acceder a gratuidade das mesmas ou lle sexan máis caras de 0,65 euros ofrecémoslle a opción da domiciliación dos pagos de todas as cuestións relativas á ANPA, como comedor, aula matinal… Esta domiciliación ten un custe de 0,65 euros de cada recibo que a ANPA teña que emitir e que se cobrará. Emitiremos os recibos a partir do día 5 de cada mes, se alguén ten algún tipo de problema que o comunique.

Informamos que o ingreso por ventanilla no banco segue sendo de 3 euros, polo que recomendamos calquera das opcións anteriores. Quedamos a vosa disposición para calquera dúbida que teñades e as encargadas de emitilos recibos serán este ano Sandra (clase de 4 anos) e Sara (clase de 3 anos).

O modelo para a domiciliación dos recibos é o seguinte:

Titular da conta
……………………………………………………………………………….

Número de conta ( SEPA)
……………………………………………………………………………….

Domicilio do titular
……………………………………………………………………………….

Nome do alumno
……………………………………………………………………………….

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s