Olimpíadas de Teis 2015

Queridas familias da escola, como xa sabedes o noso cole vai participar nesta edición das olimpíadas, que vai comezar o vindeiro 14 de marzo cunha gala de presentación no Centro Cívico de Teis. As olimpíadas vanse levar a cabo durante 3 xornadas en tres meses diferentes: 14 de marzo, 11 de abril e 16 de maio.

Nesta gala van haber actuacións de todos os colexios participantes, e claro está, nós tamén queremos participar. Para iso necesitamos nen@s que queiran facer unha pequena actuación este día. Imos poñer data tope para anotarse ao derradeiro día de antes do Entroido, o 13 de febreiro. Poderán anotarse todos os nenos e nenas do cole porque faremos un baile adaptado a todas as idades. Tamén mencionar que nesta gala vaise proceder a entrega do premio os debuxos dos nenos que conformarán a camiseta olímpica (un debuxo de infantil e outro de primaria), debuxos que xa fixeron na escola. O ilustrador Ramón Trigo será o encargado de escoller ao gañador.

Para anotarse, o de sempre: un papeliño no buzón da ANPA con ‘Nome do neno + gala olimpíadas’. Imos ensaiar os venres en horario de 16 a 17 h.  e tamén queremos colgar o video do baile no blog da ANPA para que se poida ensaiar na casa. O primeiro día de ensaio será o venres 20 de febreiro.

O 11 de abril terá lugar a andaina e poderá facerse de dúas maneiras:

  1. Facendo o percorrido completo saíndo dende o colexio San Salvador – Paraixal – Frián – Possumus – Santa Tegra – Monte da Guia – Riouxa.
  2. Ou só facendo a parte final do percorrido, dende o noso cole ata a Riouxa.

A idea deste dia é comer na Riouxa, facer unha especie de romaría, e pola tarde seguramente haberá animación para os nenos (pendente de confirmación).

E por último, o día máis importante, o día das olimpíadas. Terán lugar no pavillón de Teis o 16 de maio e haberá 5 disciplinas: spelling, danza rítmica, baile moderno, balonmán e pentathlon. Para infantil só serán danza rítmica, baile moderno e pentathlon, por certo este último xa o están practicando no cole.

As olimpíadas teñen un espiritu de facer barrio, convivencia, relación cos nenos doutros coles, pasalo ben… e, o máis importante, non son competitivas, non haberá marcadores. Daráselle a todos os nenos olímpicos unha camiseta, unha medalla e unha bolsa de avituallamento.

Máis adiante enviaremos fichas de inscripcións para que anotedes os nen@s.

Esperamos veros nos ensaios!

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s