Próximas actividades organizadas pola ANPA

outtosea-51666

A ANPA está a organizar a vindeira charla da Escola de Familias e unha saída nunha fin de semana tamén para toda a familia, nesta ocasión a unha exposición que se está a desenvolver na Fundación Barrié.

Charla Pesticidas na alimentación

O vindeiro martes 3 de febreiro ás 16.30 horas teremos a charla Pesticidas na alimentación, que tratará sobre a agricultura ecolóxica e que se impartirá como apoio ao proxecto da horta do cole. A charla será impartida por César Lema, autor de libros como Plantas y frutas silvestres y comestibles, e nela tratará temas tales como como afectan os químicos á nosa alimentación e á agricultura, a problemática das bandexas plásticas nos comedores escolares… Despois abriremos debate.

Para completar a charla, sobre o mes de abril faremos unha saída con el para que nos ensine a coller plantas comestibles que vemos a diarios e que descoñecemos. Non faltedes, que será moi interesante.

Saída á Fundación Barrié de la Maza

Ademais, a ANPA organizará unha excursión familiar á Fundación Barrié de la Maza. Será unha visita guiada á exposición Os proxectos dos residuos de plásticoun programa didáctico sobre os residuos de plástico no mar. Despois da visita haberá talleres para os peques.

Será o domingo 22 de febreiro de 12.00 a 13.30 horas. As familias interesadas deberán deixar unha nota con ‘Taller plásticos + Nome do neno ou nena’ no buzón da ANPA antes do día 13 de febreiro, xa que as prazas son limitadas. A actividade é gratuita e terán prioridade as familias asociadas á ANPA.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s