Excursión a Cies

Ola familias.

As ANPAS da E.E.I. MONTE DA GUIA e C.E.P. SANTA TEGRA queremos anunciarvos que este ano, igual co ano pasado , imos repetila excursión a Cies en conxunto os dous colexios , para pasar un día xuntas as familias (os nenos terán que ir acompañados dun adulto) dos dous colexios e pasalo en grande nun marco incomparable como é o parque nacional das Illas Atlánticas

Informarvos que será o vindeiro domingo día 31 de Maio e que no caso de haber mal tempo pospoñeríamola para o día 14 de Xuño , tamén domingo. O horario de saída será ás 11:30h. da manhá dende o peirao de trasatlánticos, pero teremos que estar 30 min. antes para organizalo embarque. O horario de volta              será ás 18:45 h. dende Cies con chegada a Vigo sobre ás 19:30 horas .

O prezo será de 8,5 euros para os asociados e de 10,5 euros para os non asociados e seguirá sendo aberta a tódolos familiares que queirades traer con vós .

As familias que queiran facer unha ruta guiada terá un custo de 1 euro por cada adulto , os nenos non pagarían. Será unha ruta pensada , e tamén diferente da do ano pasado ,para que poidan facela os nosos peques, xa que tamén se trata ese día de que aprendan algo dunha maneira lúdica.

Para apuntarse nesesitase cumplimentar a táboa de inscrición, ligazón ao final do documento. Cubride os nomes completos e os números dos DNI no caso dos adultos. Considéranse bebés os menores de 3 anos e non pagarían. Tamén se ides participar no roteiro guiado por Cies, cun SI ou NON, para poder ter nós unha previsión da xente que participará na ruta. Ao final da táboa cubride o nome do responsable co seu número de teléfono para posibles aclaracións.

Se aínda non sabedes se podedes asistir, non vos preocupedes, indicádeo na táboa cun SI ou NON. A data tope tanto para anotarse (os que o saibades fixo que podedes asistir, como os que estades en dúbidas) como para o pago da excursión será ata o 15 de Maio e como máximo nesta data tope os dubidosos teredes que confirmar se podedes vir ou non. Os que non aclararan ese día a súa situación entenderase que non poderán acudir.

Se o número de persoas inscritas supera ao número de prazas estabrecido pola navieira, terán preferencia os que ingresen por orden de data e os que teñan pago a cuota do Anpa.

A conta a facer o ingreso, é a conta do anpa:

IBAN ES75 0049 2480 7420 1401 6747
(BANCO SANTANDER)

                No caso que houbera que pospoñer a excursión para o 14 de Xuño, tódalas persoas que non poideran asistir ese día , non vos preocupedes que devolveríamolos cartos .

Indicar que estamos a vosa disposición e estaremos encantados de aclararvos calquera dúbida que teñades as persoas que componhen as duas anpas e sen máis aproveitamos para enviarvos un saúdo e desexamos que poidades acompanharnos nese día tan especial .

As ANPAS da E.E.I. MONTE DA GUIA e C.E.P. SANTA TEGRA

Excursión cies 2015-inscrición

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s