Atención!! Excursión Cies

EXCURSIÓN CIES 31 MAIO 2015

Ola familias das escolas Monte da Guia e Santa Tegra ,

Poñémonos en contacto convosco para informarvos das instruccíóns que teredes que seguir o vindeiro domingo 31 de MAIO , data na que imos levar adiante a excursión ao Parque Nacional das illas Atlánticas, pregamos que leades con atención esta circular.

Quedaremos na parada do autobus de vitrasa que está situada por debaixo do colexio San José de la Guia (os que así soliciten este servizo) entre as 09:00 e 09:15 , e neste tempo as familias que vaian chegando deberán dirixirse ao responsable da anpa ( AURELIA do SANTA TEGRA e MANUEL do MONTE DA GUIA ) para confirmar o número de persoas que veñen . Os que non precisen ou soliciten este servizo deberán estar ás 09:30 na estatua do nadador na Estación Marítima de ria.

BUS VITRASA

As Anpas este ano fixemos xestións para facilitar ás familias , que o necesiten e soliciten, este transporte . Colleranos na parada de bus que está por debaixo do colexio San josé de La Guia e nos deixará na estación marítima de ría e á volta á inversa . As familias interesadas neste servizo deberán, durante este fin de semana , mandar un email ao correo da anpa (anpamontedaguia@gmail.com) para indicar que solicitan este servizo indicando no mesmo, número de persoas, e tamén nome do alumno ( os que vaian levar un carriño de bebe sen plegar no bus ,por favor que tamén o indiquen). Isto pedímolo xa que o luns , temos que enviar unha previsión a Vitrasa de número de persoas para que eles calculen o número de buses que nos farán falta . Serán autobuses exclusivos para nós .

O pagamento farase da seguinte maneira:

No autobús mediante tarxeta verde de vitrasa.
Ao conductor en efectivo, se non tes a anterior tarxeta , cun custe de 1,32 por persoa/viaxe( os menores de 4 anos viaxan gratis) .Pedimos levalos cartos preparados para evitar o ralentizamento no embarque do autobús .
BARCO DE CIES

Para facelo embarque no barco, moi importante , formaremos unha fila de 2 persoas de ancho , tanto en cies como no peirao de vigo para embarcar sen perigo e para facelo reconto máis sinxelo. O barco será o Mar de Vigo . Á volta en cies colocaremónos no lado esquerdo do peirao mirando cara a punta do muelle facendo un só grupo os dous colexios e deberemos estar neste punto ás 17:30

A saída do barco de vigo será ás 10:15 con chegada a cies sobre ás 11:00 e de Cies saírá ás 18:00 con chegada a vigo sobre ás 18:45. .

O saír do barco , as persoas que baixaran no bus, iremos cara a parada do autobús para recollelo bus de volta e terán que ter de novo os cartos preparados para facilitala subida da xente no autobus

No barco de volta de cies faremos uns sorteos , polo que estade ben atentos e a ver se vos toca algún dos premios .

Arquipélago de Cies

Lembrade as normas do parque nacional :

Non utilizar megafonía, ruidos ou altofalantes de son que alteren a tranquilidade do Parque
Practicar pesca deportiva e pesca submarina
Acceder a zonas sinalizadas como “non accesibeis” para o público.
Molestar, ferir, capturar ou matar aos animais.
Arrancar, cortar ou danala vexetación (recorda que hai endemismos e especies de gran importancia)
Depositar ou tirar calquer tipo de basura ou residuo (sólido ou líquido) fora dos lugares acondicionados.Os residuos tirarémolos ao chegar a vigo nuns contedores que hai á saída do barco.En vigo a 21 de MAIO de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s