Circular informativa de principio de curso

SERVICIOS ANPA

 Un ano máis, dende o ANPA queremos dar a benvida a todas as familias.
Os servizos comedor, aula matinal e extraescolares son ofrecidos e xestionados polo ANPA aos seus socios, polo tanto, é moi recomendable aboar a cota anual de socio (15 €).

Os NON SOCIOS DO ANPA que queiran facer uso do comedor o aula matinal deberán aboar mensalmente 1,5 euros por gastos de xestión.

O pagamento do seguro de accidentes de 5€ é unha condición imprescindible para asistir tanto ao comedor , aula matinal e como ás actividades extra escolares.

Para asociarse ao ANPA realizar ingreso 15€+5€ (seguro), na conta do Banco Santander:

IBAN: ES75 0049 2480 7420 1401 6747 Banco Santander (, debendo especificar: NOME DO NEN@+ ANPA

AULA MATINAL

O horario é de 08:00h a 09:00h, e inclúe almorzo para os nen@s que o desexen.

Durante este curso o prezo do devandito servizo é 30€/mes, este prezo poderá modificarse segundo a demanda do servizo.

COMEDOR

O centro dispón de servizo de comedor, xestionado polo ANPA.

No comedor preséntanse catro modalidades:

  • Becados
  • Fixos: Todos os días da semana.
  • Fixos – Discontinuos: Por exemplo, os que quedan os luns e os venres.
  • Esporádicos: Non hai días fixos de asistencia ao comedor e quedan segundo necesidade.

 

HORARIO:

 

O comedor comezará o primeiro día de curso, para os nenos de segundo e terceiro ano, e para os de primeiro ano cando terminen o período de adaptación por incompatibilidade nos horarios, a non ser que os pais ou titores decidan deixalos desde o primeiro día, todo en horario de 14:00 a 15:55 horas.

Respectarase rigorosamente por parte das camareiras o horario anteriormente citado (salvo algún caso de urxencia previamente avisado e xustificado). De non cumprirse e por tanto non estar non estar xustificado chamarase a todos os tfnos de contacto e algún membro do anpa ou do centro farase cargo do neno ata a chegada dalgún familiar. En caso reiterado do incumprimento desta norma

O número de teléfono para avisar de calquera problema ou posible atraso na recollida dos nen@s é o do centro (986379779), o do responsable de comedor (620593445) .

 

Todos os usuarios que asistan ao comedor teñen a obrigación de comunicar ao encargade@ de comedor (620593445), entre as 08:45 e 09:15 horas (nin antes nin despois), ou ben o día anterior, da asistencia dos nenos esporádicos, ou a falta do niñ@ ao comedor ese día. De non comunicalo, nin se admitirá ao niñ@ ese día, nin se descontará esa falta do pago mensual.

Os nen@s bolseiros teñen a obrigación de avisar de que ese día non van asistir ao comedor. Se un nen@ bolseiro ten tres faltas inxustificadas (non avisou de que non ía ir ao comedor),pode perder o dereito ao comedor.

Os avisos de altas e baixas do comedor só poderán facerse ao encargade@ do comedor (nin ás camareiras, nin aos profesores, etc.) Toda petición que non se fixo ao encargad@ non será atendida.

Os nen@s que se dean de baixa no Servizo de Comedor Escolar deberán facelo por escrito e se queren volver facer uso do nalgún momento terán que volver solicitar praza e terán dereito a ela se quedase algunha vacante.

 

PREZOS DO COMEDOR
O prezo do menú para os usuarios fixos ou fixos discontinuos é de 3,02 €/comida. O prezo para os esporádicos é de 5,00€/comida. Os subvencionados deberán asinar o listado de bolsas, en caso de non a asinar a lista será devolta ao Concello, e poderán ser sancionados coa retirada da axuda

 

IBAN: ES75 0049 2480 7420 1401 6747 Banco Santander (,debendo especificar: NOME DO NEN@+ COMEDOR + MES A PAGAR

Os usuarios do comedor deberán realizar o ingreso a final de mes ou dentro dos dez primeiros do mes seguinte, , todos aqueles que a partir do 10 non abonasen a cota correspondente ao devandito período, sen previo aviso pola súa banda e sen causa xustificada, serán dados de baixa automaticamente. A baixa prescribirá co abono da cantidade debida.

Os usuarios do comedor que teñan algunha cota pendente de pagar correspondente ao curso pasado, deberán abonar primeiro a débeda para poder inscribirse no devandito Servizo de Comedor para o presente curso.

Os solicitantes de bolsas que fagan uso do comedor deberán abonar os importes mentres non se teña a listaxe oficial de bolseiros, no caso de que sexan beneficiarios das mesmas devolveráselles o importe abonado.

NORMAS DE USO:

Cando exista algún problema durante o tempo de Comedor as camareiras poñeranse en contacto telefónico coas familias, por elo é imprescindible dispoñer de teléfonos de contacto onde realmente póidase localizalos.

Nos casos nos que se produza algún problema de comportamento (negativa a comer, falta de respecto ás camareiras, etc.) notificarase aos pais para tentar solucionalo conxuntamente.

Cando un niñ@ requira unha dieta astringente ou branda esporadicamente deberán solicitalo entre as 08:45 e as 09:15 (nin antes nin despois) ou ben o día anterior ao encargad@ de comedor.

Todos os niñ@s comerán o mesmo menú, excepto os que necesiten dietas brandas ou menús especiais recomendados polo médico correspondente. Se o niñ@ ten algún tipo de intolerancia a certos alimentos, deberase comunicar ao encargade@ de comedor, entregando sempre informe médico. O informe médico será entregado todos os anos a primeira semana de curso.

Os nen@s que deban marcharse acompañados por adultos que non sexan os seus pais ou titores deberán traer unha AUTORIZACIÓN escrita dos pais cos datos do adulto que se fai responsable do niñ@ e este deberá presentar o DNI ás camareiras, para poder levar ao nen@.

 

 

NORMAS DE HIXIENE E CONVIVENCIA:

 

–          Cada niñ@ deberá dispoñer dunha bolsa de aseo co seu nome na que se depositará os útiles para o cepillado e hixiene dos dentes.

–           Lavarse as mans antes e despois de comer.

–           Permanecer ben sentados nas mesas ata acabar para comer.

–           Respectar e obedecer ao persoal do comedor.

–           Respectar aos seus compañeiros.

–           Falar con educación, sen gritar.

–           Pedir as cousas de forma educada.

LOPD:

De conformidade coa Lei Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), os datos fornecidos quedarán incorporados nun ficheiro inscrito pola Asociación de Pais e Nais de Alumnos (ANPA) no Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos, o cal será procesado exclusivamente para a xestión das actividades propias da o asociación. Os datos de carácter persoal serán tratados co grao de protección adecuado, tomándose as medidas de seguridade necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado por parte de terceiros que o poidan utilizar para finalidades distintas para as que foron solicitados ao usuario.

Finalmente o usuario poderá exercer o seu dereito de oposición, acceso, rectificación e cancelación, en cumprimento do establecido na LOPD no correo electrónico anpamontedaguia@gmail.com

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Este ano as actividades que proponemos dende a ANPA son as seguintes cos seus respectivos horarios e prezos:

O vindeiro día 22 de Setembro teremos nas intalacións do colexio a primera reunión do curso, na que os esperamos ver a tod@s e allí nos presentarán as distintas actividades extraescolares, para aqueles que ainda teñan dudas de qué actividades escoller.

Os horarios poden estar suxeitos a modificacións según a demanda das actividades.

  • MÚSICA: TALLER MAGO DIAPASÓN.
    • Horario: Luns de 16:00h a 17:00h
    • Prezo: 17€/mes.
  • TALLERES EDUCO-CREATIVOS.
    • Horario : Luns de 17:00h a 18:00h
    • Prezo : 12€/mes
  • LINGUA DE SIGNOS
    • Horario : Martes de 16:00h a17:45h
    • Prezo: 13€/mes
  • INTELIXENCIA EMOCIONAL
    • Horario : martes de 16:00h a 17:00h
    • Prezo: 15€/mes.

PISCINA:

Na actividade de piscina tense que facer o pago antes de que teñamos a reunión, así que vos detallamos as instruciones de como hai que apuntarse nesta actividade:

Os nenas/vos que queiran realizar esta actividade terán que ser socios do ANPA e cubrir a ficha cos datos persoais que se achegan nesta circular). Esta ficha tédela que meter no buzón do ANPA, que está xunto ao taboleiro de anuncios.

O custo desta actividade por neno/a e cuadrimestres é de 29,60 euros.

–           Primeiro Cuadrimestre: Outubro, Novembro, Decembro e Xaneiro

–           Segundo Cuadrimestre: Febreiro, Marzo, Abril e Maio

O pago do primeiro cuadrimestre realizarase como máximo o día 23 de Setiembre e o do segundo cuadrimestre o 21 de Xaneiro de 2016. Todos os nenos/as que non realicen o pago dentro das datas establecidas non poderá participar nesta actividade aínda que entregase a ficha solicitada. Hai un número de prazas limitado en cada día de piscina polo que a data do pago dará prioridade na reserva de praza.

O número de conta no que se deberá efectuar o pago é o mesmo que no que se realiza o pago de asociado do ANPA:

IBAN ES75 0049 2480 7420 1401 6747 (BANCO SANTANDER)

 

Ao facer o pago no banco en concepto débese indicar: PAGO PISCINA + NOME E APELIDOS DO NIÑ@+ DIA(MARTES/MIERCOLES)

Nesta circular tamén achegamos a folla de inscrición das outras actividades extraescolares. Non empezarán ata Outubro e sempre que se consiga un número mínimo de nenos para facer grupo. A data límite para anotarse ás actividades será o 25 de Setembro. A folla de inscrición deberédela meter no buzón da ANPA

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s