Actividades extraescolares

Un ano máis o comezo de curso arrincou e pronto teremos en funcionamento diferentes actividades extraescolares que se levarán a cabo no centro educativo a partir do mes de outubro.

  • Este ano as actividades que propoñemos dende a ANPA son as seguintes cos seus respectivos horarios e prezos:

    Os horarios poden estar suxeitos a modificacións segundo a demanda das actividades:

    MÚSICA: BATUCADO E EMUSÍN

    Horario: Luns de 16 a 17       Prezo: 16 euros /mes

    ARTE E GARABATO

    Horario: Luns de 16 a 17:30     Prezo: 20 euros/mes

    TALLERES EDUCO-CREATIVOS.

    Horario : Luns de 17h a 17:45h   Prezo : 12euros/mes

    LINGUA DE SIGNOS

    Horario : Martes de 16:00h a16:45h    Prezo: 14euros/mes

    LINGUA DE SIGNOS PARA ADULTOS (sempre que haxa demanda):

    Horario: Martes de 16:45 a 17:30     Prezo: 24 euros/mes

    INTELIXENCIA EMOCIONAL

    Horario : Martes de 15:45h a 16:45h   Prezo: 15euros /mes.

     

    O pago destas actividades farase directamente ao monitor da actividade na primeira clase de cada mes.

      A data límite para anotarse ás actividades será o 29 de Setembro. A folla de inscrición deberédela meter no buzón da ANPA

    FICHA EXTRAESCOLARES

    PISCINA

     

  • a actividade de piscina tense que facer o pago antes do dia 22 de setembro e o do segundo cuatrimestre antes do 19 de Xaneiro de 2018, no caso de non continuar no 2º cuatrimestre deberase counicala baixa por escrito antes desa data . Tòdolos nenos/as que non realicen o pago dentro das datas establecidas non poderán participar nesta actividade aínda que entregase a ficha solicitada. Hai un número de prazas limitado en cada día de piscina polo que a data do pago dará prioridade na reserva de praza, así que vos detallamos as instruccións de como hai que proceder para apuntarse nesta actividade :

    Os nenas/os que queiran realizar esta actividade terán que ser socios da ANPA e cubrila ficha cos datos persoais . Esta ficha tédela que meter no buzón da ANPA, que está xunto ao taboleiro de anuncios.

     

    O custo desta actividade por nena/o e cuatrimestre é de 29,60 euros.

     

    –           Primeiro Cuadrimestre: Outubro, Novembro, Decembro e Xaneiro

    –           Segundo Cuadrimestre: Febreiro, Marzo, Abril e Maio.

     

    Os horarios de piscina son:

    MARTES 16:45 a 17:30
    MÉRCORES 16:45 a 17:30

     

    Ao facer o pago no banco en concepto débese indicar no concepto: PAGO PISCINA + NOME E APELIDOS DO NEN@+ DIA (MARTES/MÉRCORES)

    A data límite para anotarse a actividade de piscina é o 22 de Setembro. A folla de inscrición deberédela meter no buzón da ANPA

    PISCINA:

4) Folla de inscrición do alumno natación escolar

As actividades extenderánse ata final de curso, sempre que se manteña o número mínimo de nenos para facer grupo.

Para participar en calquera das actividades extraescolares do centro é obrigatorio ser socio da ANPA (15 euros ao ano) e pagar o seguro (5 euros), para que todos os nenos e nenas teñan a cobertura médica precisa.

 

 

 

Anuncios