Aula matinal

A aula matinal nace para dar resposta a todos aqueles pais e nais que por esixencias laborais ou persoais teñen que deixar aos nenos no colexio antes do horario lectivo. 

Con este servizo, un monitor encargarase de abrir as instalacións do colexio ás 08:00 horas e de acompañar aos rapaces/as ás súas aulas ás 09:00 horas, ademais de procurar que os nenos/as almorcen e de realizar obradoiros especialmente deseñados para eles. O almorzo servirase como moi tarde ás 08:35 horas, para que os nenos e nenas poidan almorzar correctamente e sen présa.

As familias poden facer uso deste servizo:

  • Todo o mes en horario completo (30 euros con almorzo incluído).
  • Dous ou tres días fixos por semana (20 euros con almorzo incluído).
  • Días esporádicos (3 euros con almorzo incluído). Aqueles nenos que vaian de xeito esporádico deberán avisar o día anterior á súa asistencia. Por causas de forza maior podería ser comunicado entre as 08 e as 09 horas do propio día de asistencia nos teléfonos 620 59 34 45.
  • Horario reducido (15 euros sen almorzo) chegada como moi pronto ás 8:45h ou semanas intermitentes.

Durante o mes de setembro, a cuota será de 15 euros.

No caso de que algún neno tivera algunha alerxia ou intolerancia deberá ser comunicada e facilitar un informe do tipo de alerxia.

Pagarase o mes por adiantado antes do día 10, agás no caso dos nenos/as esporádicos, que pagarán a final de mes. O número de conta é

IBAN ES75 0049 2480 7420 1401 6747
(BANCO SANTANDER)

É imprescindible ser socio/a da ANPA Monte da Guía e ter a cuota ao día para poder usar este servizo.

Se queres ser usuario deste servicio, é obrigatorio entregar ao responsable ficha-incripcion-matinal