Ímos a Pontevedra en tren!

O pasado domingo fomos a Pontevedra en tren. Que ben o pasaron os peques!. Facía moitísimo frío, pero chegamos ao Museo de Pontevedra dando un paseo moi chulo.

No Museo, ensináronnos cousiñas de arqueoloxía; tesouros, castrexos, petroglifos..

Ao rematar a visita, agasalláronnos cun conto dos bolechas e tamén para pintar.

Tomamos un cafeciño, comemos e disfrutamos un pouco de parque antes de voltar a coller o tren. Foi un día estupendo!! Aqui unhas fotiños do ben que o pasamos.