Comedor escolar

Horario

O comedor comezará o primeiro día de curso para os nenos de 5 e 6 de Infantil, mentres que os de primeiro ano deberán esperar a terminar o periodo de adaptación por incompatibilidade nos horarios, a non ser que os pais ou titores decidan deixalos dende o primeiro día, todo en horario de 14:00 a 15:55 horas.

Deberá respectarse rigurosamente o horario, salvo casos de urxencia previamente avisados e xustificados. En caso contrario, avisarase á policía local para que se faga cargo do neno/a. O número de teléfono para avisar de calquera problema ou posible retraso na recollida dos nenos/as é o do centro (986379779), o do responsable de comedor (620593445).

Todos os usuarios do comedor teñen a obriga de comunicar a asistencia dos nenos esporádicos ou a falta ao comedor ese día CHAMANDO ao encargado de comedor (620593445) o día anterior ou ese mesmo día entre as 08:30 e as 09:25 horas (nin antes nin despois). De non comunicar TERÁ QUE ABONARSE O PAGO DE ESE DIA.

Os nenos con bolsa teñen a obriga de avisar de que ese día non van asistir ao comedor. Se un neno con beca ten tres faltas sen xustificar (non avisou de que non acudiría) perderá o dereito a comedor.

Os avisos de altas e baixas do comedor só poderán facerse ao encargado do comedor (nin ás camareiras, nin aos profesores, nin ao presidente da ANPA…). Toda petición que non sexa feita ao encargado do comedor non será atendida.

Os nenos que se den de baixa no Servizo de Comedor Escolar deberán facelo por escrito e, se queren volver facer uso del nalgún momento, terán que volver a solicitar praza.

INSCRICIÓN

Para a asistencia ao comedor será requisito indispensable ter cuberta a autorizacion-comedor Ficha-incripcion-comedor do neno/a asinada, conforme a que os pais aceptarán todas as normas.

No comedor haberá catro modalidades:

  • Bolseiros
  • Fixos. Todos os días da semana.
  • Fixos – discontinuos. Os que quedan dous ou tres días fixos á semana, por exemplo, luns e venres.
  • Esporádicos. Non hai días fixos de asistencia ao comedor e quedan segundo necesidade.

Calquera cambio de modalidade debe ser comunicado ao encargado do comedor ( 620593445) o antes posible.

PREZOS

NORMAS DE USO

NORMAS DE HIXIENE E CONVIVENCIA

LOPD